lunes, 25 de junio de 2012

E ti ¿non vas trazar unha liña vermella?

A democracia agoniza”. Con esta dramática frase mais terriblemente certa nos tempos actuais, un cantautor esboza nun pub unha canción protesta, deixando soar a guitarra nunha penumbra metafórica que enche a sala de silencio. En efecto cada vez as decisións que nos afectan cada día tomanse máis lonxe por esas «autoridades» e organismos aos que ninguén elexiu e que nembargantes deciden dun día a outro, ante a incompetencia, irresponsabilidade e cobardía dunha Dereita entregada a un capitalismo salvaxe, onde invertir os nosos impostos, dirixindoos ca complicidade de quenes se sentan cómodamente na poltrona, cara gastos cos que nada temos que ver. Que mentres os pensionistas vaian a pagar os medicamentos, os sen teito quedan desamparados, os doentes de VIH amenazados á marxinalidade, o público pasa a máns privadas e os docentes da pública van menguando, os nosos cartos se repartan en rescates a esa banca presumida e presuntuosa, non parece que sexa algo permitible en democracia, e menos nun Estado Social de Dereito no que se supón que vivimos. Que mentras regatean a inversión do dique flotante en Navantia, o máximo representante da «Xustiza» en España saia impune polos seus viaxes e fins de semana pagados, entre outros, cos impostos dos traballadores de Navantia ou do comercio local ou de traballadoras e traballadores cada vez máis escravizados é indigno. Por iso en Ferrol moitas e moitos socialistas acabamos de iniciar unha Traza Vermella para defender con política de esquerdas unha democracia real e participativa que garanta a ética, a coherencia, a honestidade, a solidariedade, a defensa irrenunciable dos servizos públicos e da igualdade de oportunidades. Unha traza vermella que amose a Rebeldía Socialista contra a conxura dos necios, as políticas hipócritas e alonxadas de salón e poñamos os pes na terra de todos, e a terra dos que non teñen de todo o casi nada. Defenderemos onde e ante quen sexa os dereitos humáns, cívicos e sociais, buscando un referente de esquerdas para combatir a crueldade dun liberalismo que deixando facer, deixando pasar mata... E ti, te sumas??


Traza vermella, artículo de Beatriz Sestayo no Diario de Ferrol


http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/letra-miuda/44485-mensaje-real

viernes, 22 de junio de 2012

Presentación da candidatura de Beatriz Sestayo á Secretaría Xeral da Agrupación Socialista de Ferrol


Renovación interna, compromiso coa esquerda e democracia participativa de toda a militancia


Beatriz Sestayo, que aspira á Secretaría Xeral, e Rosa Méndez, á Secretaría de Organización, explicaron os principios que rexirán o proxecto co que concurren á elección da nova executiva local da agrupación socialista, prevista para o día 6.

Ferrol, 23 de xuño de 2012.- A sede socialista ferrolá acolleu esta mañá a presentación do proxecto político da candidatura que, baixo o nome “Traza vermella”, encabeza a que foi ata onte secretaria xeral do PSOE local, a deputada autonómica Beatriz Sestayo. A parlamentaria, xunto con Rosa Méndez (que aspira á Secretaría de Organización), estivo acompañada tamén de moitos militantes –algúns deles a acompañarán na lista- que, como subliñou a propia Sestayo, supoñen “dunha vez por todas” a renovación do partido na cidade, ao tempo que exemplifican o que é o socialismo que “debemos e queremos defender: o da igualdade, o da defensa dos dereitos de todos e de todas cunha especial atención ao público, o dos traballadores e traballadoras, o da participación de toda a militancia e o da cercanía á cidadanía”.

E de aí o nome deste grupo, o de “Traza vermella”, que, lonxe de ser unha agrupación de militantes pechado, pretende convertirse nun lugar de encontro, de reflexión, de diálogo e de debate no que, a partires dunha serie de principios vencellados a este socialismo de esquerdas e comprometido, poidan participar tod@s os cidadáns que compartan un xeito de facer política alonxado de persoalismos e intereses que non sexan o da defensa dos intereses e dereitos das persoas. De aí a elaboración dunha serie de principios que, como indicou Sestayo, marcarán o traballo deste grupo de socialistas que quere que esta política sexa a que marque o funcionamento da executiva e, por extensión, do PSOE en Ferrol.

As nosas propostas para a Comisión Executiva Local








Socialismo de novo, socialismo novo, de novo Ferrol.